Opa tronc@sssssssssss, aquí estamos un día máis para facer frente ás duras criticas recibidas por parte da comunidade musical e de paso xustificar as presuntas malversacións dos fondos do F.G.C. Estudio por parte de "magnetismo animal". F.G.C. sempre se preocupou pola formación, apostando polas formas didácticas máis modernas , e para iso financiou o 100% das excursións que se viñeron facendo estes últimos anos. O destino, a perspicacia e o pedazo morro que lle houbo que botar fixo que sempre se acadase a primeirísima fila nos eventos máis importantes... sería unha tolería amosar unha foto de cada excursión, non obstante aquí van algunhas probas que explican por qué as arcas do estudio apenas teñen outra cousa de telarañas...
Aquí temos a Paco, non, non é o conductor de autobuses, pese a que ten un razonable parecido físico, de él aprendimos que si tocas sentado inclinando un pouco a cabeza hacia a esquerda cerras os ollos e pos cara de ter dor de wevos a xente apláudeche máis. Infalible.
Steve Vai ensinounos que unha guitarra non é unha guitarra si non ten unha asa por donde agarrar...ademáis a poder ser debes de poñerlle un nome de 3 letras, e nunca, nunca, deixar que unha longa cabeleira se interpoña entre as cordas e o campo de visión...
Joe Satriani contounos que si non tes pra mercar ventiladores te afeites a cabeza te rompas os mellores levi´s que tés e entrenes a un baixista tibetano budista para encherse de espiritualidade.
1 comentario:
Boa recopilación de animales.
Para min os mellores son Brian May e Steve Vay. Na miña humilde opinión, Satriani está moi sobrepasado polo discípulo. Pobre... XD
Un saludo.
Publicar un comentario