domingo, 2 de noviembre de 2008

CRÓNICA DE UN CONCERTO ANUNCIADO:

PAUL GILBERT: "HALLOWEEN" BY THE NAME...

Estamos sen cámara, asi que nos valemos dun teléfono para fotografiar (acéptanse donativos)

De novo nos desprazamos á sala A! para ver desta vez a un guitarrista que traia como aval unha das mellores carreiras do mundo como "guitar hero" en solitario. O comezo estaba marcado para as 22, peroi non foi ata as e media que empezaron a tocar os teloneiros (na entrada non poñia nada de teloneiros), un grupo de Vigo que facían un pop na onda de "muse" pero de forma facilona e bastante repetitiva, si ben non estaban ante o seu público, creo que non souberon conectar, aburriron un bo cacho e encima, o peor, extendéronse unha hora... Tocáballe o turno a Paul gilbert, todo estaba a punto, pero alí ninguén saía...pasou media hora e a xente empezouse a mosquear e os abucheos fixéronse notar na sala.Logo de 2 horas!! da hora marcada para o comezo, Ás 12 en punto da noite, como querendo facer unha aparición de ultratumba sale Pual e a todo o mundo se lle olvida a longa espera. "buenas noches vigo" solta nada máis chegar, e comeza a tocar, pero na metade do 1º tema deixa de sonar o baixo (vaia! pensei eu, non foi por non facer proba de sonido eh?) entón gilbert sácase os cascos e explica que o ampli de baixo cascou, e vendo que tiñan pra un cacho o maestro decide improvisar unhas clases aceleradas de guitarra, dese xeito danos a 1º lección chamada solo de rock e toca "eruption" de Van Halen, estiven a piques de levantar a man e preguntar "¿xa imos tocar así o 1º día de clase?" e continuou un cacho dando leccións que incluian técnicas diversas, como barridos, volumen-delay, tapping... e servidor babeando co dominio de un Paul Gilbert que está a un nivel impresionante, é un crack, e toca a Deus dar.


Paul Gilbert cunha guitarra tipo 335


O mellor: Paul Gilbert, foi o mellor, é un tío cun nivelazo aplastante, o sonido era bo, víase que era un concerto MOI traballado, e todo saleu perfecto (quitando o retraso e o rollo do ampli) e bueno, creo que foi a mellor noite de Halloween,perdón, de Samhain dende aquel 2002 en Bravos xDDD.
O peor: Pois tamén o teño moi claro, limitouse demasiado a tocar os temas do disco, houbese agradecido que fixera algún rollo ca guitarra doble mástil, ou que polo menos fixera algo co floyd rose coma en antaño, pero pasou moito de florituras.



Entrada do concerto.

No hay comentarios: