Mike Stern, Randy Brecker e Dave Weckl: camareiro!unha de Jazz á romana,
O casco antigo de Lugo é un lugar fermoso, sobre pola noite...
os 4 músicos encaixaban á perfección... a banda parecía un reloxo suízo.
Todo está listo, son as 9.30 en punto, a hora citada para o comezo, a sala está abarrotada, todo petado ata a bandeira, xente sentada en todolos recunchos, xente de pé por todos lados, uns enriba dos outros... as calefaccións do recinto a toda brasa, o ambente empézase a cargar e aquelo parece un criadeiro de pitos... Sae a banda e abren cun tema improvisado, por momentos estaban tódolos músicos a improvisar á vez, a non ser Randy que tiña un escaso protagonismo. Mike viña promocionando o seu último disco, que data do 2006, chamado "Who Let The Cats Out?" o cal ofrece unha presentación dun gusto exquisito e unhas colaboracións de agárrate... Lógo tocou temas que servidor descoñecía, e que gustaron moito a xulgar polas ovacións. Pouco despois xa veu o solo de Dave weckl, todo un luxo para os alí presentes. Pouco a pouco Randy foi collendo ritmo, e comenzou a introducir efectos na trompeta, teño que dicir que o descoñecía, pero o seu sentido da melodía encandiloume, facía unhas vibracións cas sordinas fascinantes.
no escenario por momentos había un ambente único, moi máxico...
O concerto tivo intensidade, incluso cando Mike optou por tocar temas lentos e ata algún de corte experimental. Seguiron tocando durante hora e media, caeron temas do ultimo CD de Stern, algún clásico do jazz, ata toques hard-rockeiros con guíños a Jimmy Hendrix, e despedíronse baixo unha clamorosa ovación dun público que pedía outra ó unísono. Voltou a saír a banda pero cun extra que tocaba o saxofón, con moitísma destreza a verdade, pero si resulta que veu de xira dende USA para tocar os 2 últimos temas non lle compensaba moito a verdade... asi que despois de 2 temas e 2 horas xustas de recital, os músicos retiráronse con Mike Stern dicindo que firmaría discos no posto de merchandising, asi que alí nos fumos a que nos rubricara unha copia de ¿quen deixa os gatos fóra? e de paso inmortalizarnos ca cámara dun teléfono móvil xunto a Mike stern. Houbésemos querido facer o mesmo xunto a Dave Weckl, pero a saber porqué, imaxino que sería porque lle costaba moito, rehusou sacarse fotos con ninguén e apenas firmou de forma moi forzada un par de baquetas.
ó final, acabamos medio arrolados polo pasillo e a vista era un luxo como se pode apreciar na imaxe.
O mellor: Que se traian concertos así de interesantes a Lugo, que estén ó alcance de calquera, e que se poñan a unha hora prudente e con puntualidade. O sonido moi cuidado de Mike Stern. O baixista, un rapaz moi novo cun dominio espectacular do contrabaixo e o descubrimento de Randy Brecker. Voltar a un concerto cun vello compañeiro de batallas que levaba tempo "retirado" das citas musicais.
O peor: pois como xa dixen, o intrusismo de moita xente que de haber costado a entrada 3€ xa non estarían alí...e pouco máis que engadir, porque foi un luxo contar con un concerto desta categoría en Lugo, e ogallá houbese un tódalas semanas...eso sí, a ser posible que caia sábado . xD 3 púas cas que tocou este (e posiblemente algún outro) concerto. Nótase que está todas rilladas.
1 comentario:
dios encantoum este concerto....era tan familiar como si poideras lebantarte e tocar con eles.....moloume moito.
Publicar un comentario