viernes, 14 de noviembre de 2008

CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO.

Mike Stern, Randy Brecker e Dave Weckl: camareiro!unha de Jazz á romana,
por favor.

O casco antigo de Lugo é un lugar fermoso, sobre pola noite...

Apenas se sabia nada deste concerto orientado a minorías máis aló da muralla, pero un chivatazo o día antes do acontecemento púxome ás 9 da noite dun frío martes de novembro á cola das portas do auditorio de Lugo. Dita cola atravesaba a plaza de cabo a rabo, os nervios por quedarse fóra ante o límite de aforo eran patentes, por fin a escasos minutos pasados das 9 abrense as portas, accedemos ó recinto que se atopaba na 2º planta e vemos unha especie de antigo teatro abarrotado, todalas sillas ocupadas, asi que a xente comeza a buscar un sitio para ficar de pé, nós adiantámonos ata a 1º fila no lateral esquerdo, estamos moi cerca dun bafle, pero o suficientemente ó centro para ver todo, e de paso, oir ata o ruido dos dentes de Mike & company.
Antes de comezar o show, sae por megafonía un aviso de que gracias a "caixa galicia" foi posible traer a estes músicos de alto standing a Lugo, e que debemos estarlle moi agradecidos a caixa galicia porque son a repera...entón fíxome que hai varias pancartas de dita banca colgadas polo teatro e que o nome real da sala é "auditorio caixa galicia" e penso... bueno, agradécese que sexa gratis,dabondo gastamos en chofa, pero si van facer algo... eles a min poucas veces ou nunca me agradeceron ter o meu diñeiro alí, asi que supoño que serán eles os que me deben algo...si cando domiciliei a nómina non me deron nin unha cutre gameboy, nin un triste xogo de toallas... nada! penso que está ben acercar o jazz á xente, que se animen a ir a este tipo de concertos, pero por outro lado, que fose gratis, provocou que eso estivese plagado de xente que "pasaba por alí", curiosos, os que tiñan a tasca ainda cerrada, e que pouco máis facían que ocupar sitio e darlle á lengua ou bostezar....

os 4 músicos encaixaban á perfección... a banda parecía un reloxo suízo.

Todo está listo, son as 9.30 en punto, a hora citada para o comezo, a sala está abarrotada, todo petado ata a bandeira, xente sentada en todolos recunchos, xente de pé por todos lados, uns enriba dos outros... as calefaccións do recinto a toda brasa, o ambente empézase a cargar e aquelo parece un criadeiro de pitos... Sae a banda e abren cun tema improvisado, por momentos estaban tódolos músicos a improvisar á vez, a non ser Randy que tiña un escaso protagonismo. Mike viña promocionando o seu último disco, que data do 2006, chamado "Who Let The Cats Out?" o cal ofrece unha presentación dun gusto exquisito e unhas colaboracións de agárrate... Lógo tocou temas que servidor descoñecía, e que gustaron moito a xulgar polas ovacións. Pouco despois xa veu o solo de Dave weckl, todo un luxo para os alí presentes. Pouco a pouco Randy foi collendo ritmo, e comenzou a introducir efectos na trompeta, teño que dicir que o descoñecía, pero o seu sentido da melodía encandiloume, facía unhas vibracións cas sordinas fascinantes.

no escenario por momentos había un ambente único, moi máxico...

O concerto tivo intensidade, incluso cando Mike optou por tocar temas lentos e ata algún de corte experimental. Seguiron tocando durante hora e media, caeron temas do ultimo CD de Stern, algún clásico do jazz, ata toques hard-rockeiros con guíños a Jimmy Hendrix, e despedíronse baixo unha clamorosa ovación dun público que pedía outra ó unísono. Voltou a saír a banda pero cun extra que tocaba o saxofón, con moitísma destreza a verdade, pero si resulta que veu de xira dende USA para tocar os 2 últimos temas non lle compensaba moito a verdade... asi que despois de 2 temas e 2 horas xustas de recital, os músicos retiráronse con Mike Stern dicindo que firmaría discos no posto de merchandising, asi que alí nos fumos a que nos rubricara unha copia de ¿quen deixa os gatos fóra? e de paso inmortalizarnos ca cámara dun teléfono móvil xunto a Mike stern. Houbésemos querido facer o mesmo xunto a Dave Weckl, pero a saber porqué, imaxino que sería porque lle costaba moito, rehusou sacarse fotos con ninguén e apenas firmou de forma moi forzada un par de baquetas.

ó final, acabamos medio arrolados polo pasillo e a vista era un luxo como se pode apreciar na imaxe.

O mellor: Que se traian concertos así de interesantes a Lugo, que estén ó alcance de calquera, e que se poñan a unha hora prudente e con puntualidade. O sonido moi cuidado de Mike Stern. O baixista, un rapaz moi novo cun dominio espectacular do contrabaixo e o descubrimento de Randy Brecker. Voltar a un concerto cun vello compañeiro de batallas que levaba tempo "retirado" das citas musicais.
O peor: pois como xa dixen, o intrusismo de moita xente que de haber costado a entrada 3€ xa non estarían alí...e pouco máis que engadir, porque foi un luxo contar con un concerto desta categoría en Lugo, e ogallá houbese un tódalas semanas...eso sí, a ser posible que caia sábado . xD
3 púas cas que tocou este (e posiblemente algún outro) concerto. Nótase que está todas rilladas.




1 comentario:

BrunoMiguez dijo...

dios encantoum este concerto....era tan familiar como si poideras lebantarte e tocar con eles.....moloume moito.