viernes 27 de noviembre de 2009

A pontencia sin control non serve de nada...

Engl Z15



lunes 23 de noviembre de 2009

24 de Novembro de tódolos anos...


18 anos sin a maxia do máis grande...



Xa non hai donde poñer os pés...

Inalámbrico Shure slx4. Modelo de guitarra.


Pantalla Marshall 4x12 1960 A

G-Force de T.C. Electronics...


to be continued...

domingo 20 de septiembre de 2009

FGC ESTUDIO.

Fgc estudio. febreiro 2009.

A parte artística vai da man de Magnetismo Animal, que se encarga de buscar a inspiración e transformala en música a través do seu corpo, alma e instrumentos... ás veces un simple momento de calma é a mellor base dunha creación.
"Non sei si existe a inspiración, pero por si acaso, que me colla traballando"- Pablo Picasso

Nunca aprendín a tocar a batería, é unha asignatura que teño pendente sen dúbida, pero por fortuna teño a colaboración dun gran percusionista que inda encima, é dende toda a vida, un dos meus mellores amigos.
http://brunomiguez.blogspot.com/
O FGC Estudio incorporou ás súas filas unha Roland TD6 por cortesía de B.M.
Antes grabábamos cunha batería acústica pero era moi dificil obter uns resultados aceptables debido ós escasos recursos para microfonear a batería e a acústica do propio estudio.

A Roland TD6 é unha forma boa, bonita e "barata" de grabar "artesanalmente" e fuxir das bases precociñadas e demais frialdades feitas dende secuenciadores.

Aquí ou curramos todos ou tiramos o estudio polo WC.

Creo que nunca se falou do equipo de "persoas" que forma o FGC Estudio, e a verdade e que os recursos humanos son o máis importante deste proxecto, porque de aqui salen tódolos quebradeiros de cabeza posibles, tódalas frustracións, toda a desesperación, as alegrías, as satisfaccións, as dores de cabeza, o cansancio, a cabezonería, as blasfemias contra o mundo do software, a horas sin dormir...pero sobre todo, a búsqueda da inspiración.

En Grabación e edición temos a pinta e a valdemora, e dicen por ahí que se parecen moito a unhas primas súas que salen a veces en televisión, bueno, o de traballar no audiovisual está claro que lles ven de familia.


O encargado da parte de Mezcla é Teddy, pero aquí todo o mundo o coñece como Pimpín. Avalado por anos de experiencia e un oído audaz e cristalino.

Na masterización está "Toupizo", que se decideu dedicar a esto da música despois de estar 4 ou 5 anos de viaxe dun lado pra outro no espello retrovisor de meu coche.


PD: "non hai nada más deprimente que ver á xente saindo do cine un domingo pola tarde de choiva" -Joaquín Sabina.

PD: Maldita depresión post fin de semana... que me fai facer o aburrimento en forma de blog.-Magnetismo Animal.