domingo, 26 de octubre de 2008


Queen! Queeeennn?? ah...si....bueno...

Antes de escribir un ladrillazo (porque me vexo vir...) aclararei unha cousa moi importante e fundamental. Queen para min non é un grupo, é unha relixión, para facerse unha idea, teño unha frase que dixen fai uns anos "si non fose por Queen, eu hoxe escoitaría estopa e tendría un coche tuneao" xDDD ben, ahora podemos continuar...


Aspecto da cola acceso lateral a iso das 18:30

Conciencieime a min mesmo de que desta vez NON ia estar en 1º fila, pero e que cheguei ó palacio dos deportes a iso das 14h. e vin a unhas 200 persoas apelotonadas nunha porta, pareceume curioso,¿que pasa, polas outras non se vai entrar? pensei...asi que me puxen na porta do lado de 1º, e asi foi...a xente comezou a repartirse polas outras 10 ou 12 portas...e dixen, "bueno, ahora que estou..." a tarde transcurriu entre xadreces, tutes e risas ata que ás 20.00 abriron as portas e coma un foguete planteime na valla diante do micro de Brian May (maldita a hora!!!!) Ás 22 puntualidade inglesa da comezo o show, unha grandisima pantalla lanza raios e tronos mentres sale Brian May a dar comezo con "Hammer to Fall" diante da pantalla o comandante Roger Taylor e á sua dereita Moses, Edney, Miranda e enfrente Paul Rodgers....e a puñetera pasarela de merda que se abria oco dende o centro do escenario ata o centro da pista do palacio dos deportes...que gran idea! resulta que estan tocando e bueno, vese que de vez en cando vanse pra aló para o 5º carallo....pero o peor ven cando collen todos e plantan o garito alí no medio da pista e se poñen a tocar "love with my car, 39, love of my life, las palabras de amor...." e asi máis de media hora no que...realmente non é que esteñan dándolle a espalda á 1º fila, no, e que lle están dando a espalda a 7 ou 8 mil persoas...que estivemos máis de media hora mirando pra un escenario valeiro... de verdade, fantástico. Pra verte pola pantalla afórrome a entrada e vexote na casa en DVD.Polo resto, si opino xa non sería parte da crónica, sería unha opinión persoal sobre o que vimos.




Ver tan de cerca a unha lenda desta categoría impresiona, en serio.

A ninguén lle convence iso, sinceramente, como se decia por alí "claro es que sin Mercury ya no... pero mejor esto que nada..." e todolos xornales comezan a decir que a raiña está agonizando, que queen está arrastrándose, que si a morte de Freddie tal, que si cual, pero o que seguramente moita xente non sabe, é que este proxecto de Queen+ Pr. foi o fruto dun fracaso en solitario do que se chamou "The Brian May Band" e que comezou a sua andadura xusto despois da morte de Mercury. A banda de Brian May editou un disco no 92 e fixo unha pedazo xira mundial conxunta cos Guns`n`roses, plasmando o bo estado de forma nun discazo titulado "live in brixton academy" na miña opinión foi unha continuidade sobresainte por parte de Brian May, logo no 98 sacou outro disco "another World" que non tivo moita repercusión, pero non pola calidade do disco o cal me parece moi bo, senon pola desastrosa promoción deste, e outro tanto da xira, coño, tocou en Xixón e non se enteraron nin os de avilés... foi penoso...non o anunciaron nin no tablón do concello, e ahí foi cando Brian May enterrou un proxecto que para o meu entender era unha boisima aposta,á que lle faltou madurar un chisco. porque imos a ver... Os musicos daquela banda básicamente eran os mesmos que os de ahora, ahora está Paul rodgers, e Roger Taylor sustituindo ó falecido Cozy Powell...e tocando distintos temas...que na miña opinión é-unha-cagada, porque ves a Brian May tocando "Hammer to fall" e mola, e "tie your mothe down", e si tocara "driven by you" let your heart..." etc, etc, (será por temazos) pero ves a Paul Rodgers cantando "another one bites the dust" ou "we are the champions" e dices ¿a que ven isto? tocan temas de xente que non é que non esteña aquí, se nón que nin están de acordo con esta historia...e roger Taylor levántase a cantar Radio Gaga, a bateria pregrabada... un noxento sentimento de que se gañan ó publico polo simple feito de estar alí, e ser eles, e fagan o que fagan vai estar ben...
Situación na que estabamos...a peña máis perdida ca o barco do arroz, ninguén sabía pra onde mirar...os musicos no 5º nabo, no escenario nin cristo...en fin...unha gloria...

Creo que Brian May inxustamente non lle deu outra oportunidade ó seu proxecto, e veu que o nome de Queen, (solo iso, solo con poñer o nome) xa enche máis estadios que 50 obras maestras del en solitario...que pena!! Ahora o unico que se ve ahí é un contínuo homenaxe a freddie Mercury, que cada vez que aparecía en pantalla a ovación era escalofriante... Hai un sensación que sentin no 2005 e voltei a ter desta vez; a xente ten unha fame inmensa de Queen, Freddie Mercury deixou un vacío na música impresionante,todo isto da asistencia ós concertos globalizouse de tal xeito que ata é relativamente fácil encher o palacio dos deportes, estou casi convencido de que onte alí non había ninguén que houbese estado vendo os verdadeiros Queen na xira do 86, porque sei que no 2005 houbo algún e dixo "non volto...iso non ten nada que ver". E ten razón, alí non había nin a maxia nin o carisma dos Queen reales, a polémica estaba servida, pero podendo facer outra lenda, ¿pra que carallo hai que darlle máis voltas ó que estaba perfecto?
En resumen, que si non teño corda pra 3 dias, voume quedar cunha gran frase que dixo May fai uns 15 anos cando un periodista lle preguntou, pra que lle dera a entender se iba seguir explotando o nome de Queen, si se iba editar algún "outro máis" disco recopilatorio, ó que Brian May lle contestou "bueno...tampouco ninguén o ten que comprar se non quere...non si? Pois iso mesmo, apliquémonos o conto, Queen é del e que faga o que lle saia dalí, a quen lle guste este novo invento que o disfrute... ós que non nos cola, solo nos queda esperar que Brian May se de conta do "sinsentido" que está a facer.



O mellor: Eu son igual de bobo que o resto, o meu ídolo está morto, e o 2º inda o podo ver tocar, non tiven ollos pra ninguen no escenario... o auténtico protagonista foi May, e inda está capacitado pra facer grandes cousas.
O peor: Que iso se chame Queen.



unha imaxe que ben puido haber sido tamada 22 anos atráis.

No hay comentarios: