viernes, 28 de marzo de 2008

DE COMO A PIRATERÍA AMORTIGUA O CAOS...




ZUMITOS LA VERJA, PATROCINA ESTE ENLACE :
Curioso o artigo atopado nunha páxina que vincula a copia ilegal de edicións con copiright a unha expansión de ditos productos como si dunha campaña de marketing se tratara. Somos moitos os que defendemos o uso do emule para baixar musica ou o que é millor, pensamos que si realmente tivese éxito (falamos de rentabilidade económica) TODO o que se nos intenta meter polos ollos a base de machacarnolo na televisión isto sería un auténtico caos, e xa é dificil imaxinalo peor que a propia realidade... porque menos mal que xa non hai ese proceso de contratar un guapo para salir na portada do cd (a portada é un 1º plano da jeta do paisano) que non ten nin zorra idea de compoñer, nin escribir e bueno, xa non digamos de tocar nada... para que lle graben un disco e ale, a sentarse a esperar que chova a pasta que a televisión xa fai o resto... si, si que sería capaz, a televisión fixo posible que vendese discos "yo voy a hacer un corral..." ou "las manos arriba y abajo y ahora hacemos ju ju ju como los gorilas". A 1º vez que fun ver a Steve Vai eramos 4 e a caixa na sala... e por aquí si decías Steve Vai preguntábanche en que equipo xogaba ese...e non solo porque ninguén tivera un disco seu, senón porque no corte inglés nin tan sequera o había...si que tiñamos xa daquela internet pero nin de risa tiña os índices ós que chega hoxe en día por fogar, sin embargo poñer en google ou no emule "guitarra" é atopar un enlace a unha páxina donde aparezca o neoiorquino...e ninguén asiste a un concerto dun grupo que non coñece, e ahora todos temos o CD ca discografía completa de fulano de tal, e ahora sí que imos ó concerto del... e ahora sí que fulano enche a sala, ou pabellón, ou o estadio, pero a base de estar alí, e ó día seguinte noutra cidade e ó seguinte noutra máis...non quedándose na casa sentado esperando a que a televisión o faga por él. Dicíano xa fai tempo "globalisation is good"

http://www.ox.ac.uk/media/news_stories/2008/080317.html






martes, 18 de marzo de 2008

F.G.C. FRAGUEL ROCK.

Opa tronc@sssssssssss, aquí estamos un día máis para facer frente ás duras criticas recibidas por parte da comunidade musical e de paso xustificar as presuntas malversacións dos fondos do F.G.C. Estudio por parte de "magnetismo animal". F.G.C. sempre se preocupou pola formación, apostando polas formas didácticas máis modernas , e para iso financiou o 100% das excursións que se viñeron facendo estes últimos anos. O destino, a perspicacia e o pedazo morro que lle houbo que botar fixo que sempre se acadase a primeirísima fila nos eventos máis importantes... sería unha tolería amosar unha foto de cada excursión, non obstante aquí van algunhas probas que explican por qué as arcas do estudio apenas teñen outra cousa de telarañas...


Aquí temos a Paco, non, non é o conductor de autobuses, pese a que ten un razonable parecido físico, de él aprendimos que si tocas sentado inclinando un pouco a cabeza hacia a esquerda cerras os ollos e pos cara de ter dor de wevos a xente apláudeche máis. Infalible.



Steve Vai ensinounos que unha guitarra non é unha guitarra si non ten unha asa por donde agarrar...ademáis a poder ser debes de poñerlle un nome de 3 letras, e nunca, nunca, deixar que unha longa cabeleira se interpoña entre as cordas e o campo de visión...
Joe Satriani contounos que si non tes pra mercar ventiladores te afeites a cabeza te rompas os mellores levi´s que tés e entrenes a un baixista tibetano budista para encherse de espiritualidade.

Brian May ensinounos que as mellores guitarras son as feitas por un mesmo, madeira caoba dunha chimenea de 200 anos, os muelles dunha motocicleta dos anos 50... e pouco máis...asi que xa sabedes, esa pose que levades facendo tantos anos co rabo da escoba non vai tan desencamiñada.


Petrucci, de él aprendimos que a liña que separa o guitarhero, do hero convencional é moi fina, pero cuidado! non fagades caso de superratón con aquelo de "no olviden vitaminarse y supermineralizarse" .... oh my god!
















viernes, 14 de marzo de 2008

ROMA NON SE FIXO NUN DÍA.

Roma non se fixo nun día e o estudio FGC non iba ser menos... pero para entendelo debemonos remontar ó verán do 2005 cando "magnetismo animal®" andaba á procura dun nido donde cobixar as súas inquietudes e poder desenrolar sin temor toda a creatividade que tiña en todo o seu esplendor xD. Para iso foi necesario tomar algunhas decisións moi relevantes,porque cabe recordar que o FGC comenzou ubicansdose como quen non quere a cousa "na habitación dos invitados" e a partir de ahí foi comendo terreno ata o día que houbo que dicir "Vagabundos a dormir ó Nito" As obras como xa se dixo leváronse a cabo en circunstancias extremas, xornadas de 15 horas, en días festivos de resaca mortal, con pouco máis que as nosas mans e os nosos coñecementos sobre albanelería, carpintería e técnicas de pintado que non é pouco... Xa sólo Para quitar as manchas de humidade das parede tivemos que fregar moi duro con lexía e collímos un colocón de hipoclorito sódico que si o chega saber Bob Marley fijo que non o pasaba por alto.


A instalación eléctrica foi un tema pouco corriente, partiuse facendo caixas de 3 tomas, ata acadar 8, e o que comenzou sendo un total de 24 enchufes, a base de regletas a día de hoxe hai 62 aparellos chupando de "barras eléctricas".
Como non, o estudio está equipado con toma de TV terrestre e conexión a TV por satélite e 4 tomas de teléfono, tamén unha instalación, mediante un Switch, de Rede para ter os ordenatas mirándose a cada momento.







Para pintar antes de nada hai que saber a cor que se vai emplear...a min gustábame a verde, pero recórdame ós hospitais que son sitios que odio, o azul... non me convencía porque quería unha cor relaxante, asi que dixen "a pantera rosa!" e bueno, entre pink panther e o salmón anda a cousa.


Hola amig@s, hoxe vamos a falar, respondendo ás
conxeturas de distintas persoas, sobre as siglas do
estudio F.G.C.
En realidade non son outra cousa máis que un pequeno
homenaxe ó que fora o supervisor de mezclas do estudio,
estamos a falar de Figocan.






Figocan faleceu tráxicamente unha mañá do mes de maio
do 2005. Pouco antes de iniciar as reformas no estudio,
que por aquel entón xa se bautizara un ano e medio
antes co nome de "FGC RECORDS"







Viña tódalas tardes polo estudio a supervisar cada
detalle, e entre proxecto e proxecto gustáballe botar
unha sesta na alfombra que sempre a deixaba chea de
pelos.











jueves, 13 de marzo de 2008

Algúns segredos do F.G.C. Estudio

Javier Krahe dicindo "OoooOOOoooOOh.... pero si é Zupermán!!!!" Tamén se pode apreciar a baqueta ca firma de Klaus Meine traida dun concerto de Portugal.
Realmente a miña primeira guitarra foi esa que hoxe sirve de adorno no estudio, era unha guitarra destinada a entrar nun contenedor de basura pero a cal, cun par de arranxos, me sirveu para ter as miñas primeiras tomas de contacto co mundo das 6 cordas ala polo 1998. Como guitarra nada máis que engadir a non ser que me cabía a man e medio brazo entre as cordas e o diapasón... O resto de artículos que se ven ahí foron "souvenirs" que me agenciei polo mundo adiante ;-)

Unha das cousas que mellor gardadas teño é a miña mini colección de púas:




á dereita vese unha moneda de 20 céntimos sacrificada na vía do tren, un regalo do vocalista do meu primeiro grupo. Ó lado unha púa de baixo "tortex" un regalo dun amigo moi especial chamado David. Á dereita a púa branca ca firma en dorado, foi de Glenn Tipton, collina ó vuelo nun concerto en A Coruña. Debaixo á esquerda unha PickBoy (alas) de Abrahamchu, o mitico guitarrista Viveirense de YACAM,. Á dereita vense 2 púas iguales que foron dos 2 guitarristas de Barricada. En coro cal flor campestre as púas dos integrantes de Scorpions, a branca é de Mathias Jabs, a de abaixo a de Klaus Meine "coast to coast", despois a de Pawel Maciwoda e arriba 2 de Rudolf Schenker unha collida en Santander e outra nun concerto en Portugal.


Arriba de todo as 3 púas vermellas son de 3 colegas , a da esquerda de Phon, guitarra solista de Mongollica, a do medio de Carlos Gago, cando tocaba en Mckuin, ahora na banda madrileña Patente de Corso, e a da dereita de .... non recordo o nome xD pero era dunha banda Coruñesa chamada "DREAMLAND" .


E xa no medio a púa que me deu "in person" Andy Timmons.









F.G.C. ESTUDIO.

F.G.C. Estudio, naceu no 2004 como resposta ás
necesidades de "magnetismo animal" durante as duras
épocas de composición xD. O que comezou sendo unha
mesa de escritorio do ikea cun Amd K6 e o sony foundry
:S inspirou o crecemento de xeito autodidacta e
autosuficiente, pois todo o estudio, dende o
acondicionamente do local, ata os mobles foron feitos
por min*, e si non fabriquei os ordenadores
mecawondiola foi porque non me puxen xDD.
*Contei ca incondicional axuda do meu batera del alma,
que se prestou a botarme unha man na construcción, a
ser o batera oficial das grabacións finais e a outras
cousas que non debo contar aquí porque isto debe ser un
blog formal e con rectitude moral.
Tivemos que loitar contra as adversidades de traballar
días festivos, furamos madeira con broca do ferro,
chantamos puntas con martillos de goma, serramos
tablóns con discos do hormigón, atornillamos cunha
trencha e cando houbo inundacións saímos a flote cun
remo torto... pero todo iso olvidóusenos cando vimos o
resultado final.
F.G.C. Estudio non pretende facer superproduccións
nin edicións públicas de ningún tipo, simplemente,
repito, é un medio para abastecer as inquietudes
artísticas de "magnetismo animal" e a satisfacción está
únicamente no agrado do resultado final de cada
proxecto ou tema a nivel persoal.
Mesa de "controooool" que diría a bruxa lola,
conectada a un MacG4 e a un sintetizador yamaha que
utilizo a modo de teclado. Nesta Zona non hai monitores
porque para mezclar conto con auriculares de estudio. 2
pantallas (21"+15" pulgadas) intentan mostrar o que se
coce dentro destas máquinas.

A estación de sonido, un Pc que "move" a tarxeta de
sonido Roland que se ve na foto e o POD de Line6, aquí
si temos uns monitores de estudio Roland para obter
unha resposta fiable de todo o percal.


Esta zona está máis ben destinada como área recreativa,
sobre a mesa o "portatil pulpo" que de portatil ten
pouco porque leva conectadas en serie varias regletas
de USB con discos duros, regrabadoras, etc, etc,etc.
Enriba Vese un cacho do mural de fotos que aparte de
ser un fabuloso elemento decorativo sirve á súa vez
como base de inspiración, básicamente son fotos miñas
con outras persoas como familiares, amigos, colegas do
choio como por exemplooo..ejem... Steve Vai, Jeff Scot
Soto, Billy Sheehan, Virgil Donati... e montonazo máis
de amistades do gremio :P No fondo vense uns posters de algún concertos que
recordo especialmente.



Bueno, dín por ahí que a familia é o más importante, e
velaí que unidos estamos todos, sería pouco cortés non
facer unha presentación que estivese á altura da
circunstancia... de esquerda a dereita; Un baixo da
saga RBX de Yamaha, a guitarra das calaveras de
Kikirikí Hammet grassroots xaponesa dde mediados dos
90, unha electroacústica Yamaha 10A, a guitarra
branca...foi a miña 1º guitarra e sigue a ser a miña
favorita, "una epiphone Sg que suena a Gibson" que
diría Petrucci xDD. A continuación unha Ibanez Jem555
do ano 2000 "tuneada" con golpeador de espello e un kit
de fernandes sustainer instalado na pastilla do mástil,
na pastilla da ponte leva dimarzio evolution. E
finalmente unha Ibanez JEM777 do ano 1989 que ten
pastillas Dimarzio PafPro no mástil e Dimarzio ToneZone
na ponte.





Esta é a zona que menos lle gusta ós veciños e non é
precisamente polos posters :P , na foto aparecen uns
baffles HI-FI Sony e debaixo á esquerda un
amplificador Laney protube lead, a versión 100w a
válvulas... é un ampli do ano 1985 e á dereita vemos
un Marshall combo 2x12 que data do 1990. Quizás se poda
apreciar un marshaliño mini que hai enriba do cabezal
do laney, bueno , foi o fruto do amor incondicional
entre os amplis grandes, ten o corpo do pai e a alma da
nai. O ventilador non ten un sonido moi alño, nin é a
válvulas pero en verán non vexas que servicio fai ;-)





Ahí a batera electrónica (bueno, parche electrónico
máis ben) yamaha, utilízoa para facer unha estimación
de como iría a parte da batería nas grabacións, por si
non se sabe dicir que a percusión non é o meu forte,
ten pedal de bombo e charles e os pads configurables
con más de 300 sonidos.








A paellera, digo... a pedalera do estudio, así ó cutre
enriba dunha táboa aparece unha fonte de alimentación
que suministra enerxía a raudales a un boss dd-3 "made
in japan", un boss ch-1, un boss ds-1 traido de EEUU ca
modificación seeing eye de Robert Keeley, un boss os-2
(o meu favorito), un Digitech Whammy para facer
marcianadas varias, un Wah pw-10 de boss, un boss cs-3
e finalmente para cando teñamos a cabeza coma un bombo
un pedal de volumen... da marca boss para variar.