martes, 14 de julio de 2009

CRÓNICA DE UN CONCERTO ANUNCIADO:

Marty Friedman, un indimenticabile concerto!!!

Así como teño moi claro cal é o meu grupo favorito, nunca fun capaz de elexir a un guitarrista para ser o meu predilecto. Está claro que Brian May é a miña máxima inspiración guitarrística, pero Marty Friedman sempre foi o que máis embobado me deixou. Debo recoñecer que non escoito os seus discos a diario, é mais,nin me acaba de convencer moito o estilo "new metal" no que está metido, pero é un guitarrista que me fascina a maneira que ten de facer as cousas e que prefiro escoitar a ser posible vendo o que fai, asi que cando se me presentou a oportunidade de ver a este crack das 6 cordas en directo non o dubidei demasiado e aló fun.


vista panorámica do estadio de Brianteo.
O sábado 27 de Xuño Milán amenceu co ceo totalmente despexado e unha temperatura sofocante, trintaemoitos grados con unha sensación de sofoco axfisiante. O estadio olímpico de Brianteo tan só contaba cunha grada cuberta,(na outra estaban os escenarios) a cal estaba petada pola xente que buscaba desesperadamente sombra, outro dos atenuantes foi que Marty Friedman tocaba ás 14.30 e alí de pé no césped,rodeado de centos de persoas e un sol de xustiza picandoche na testa pensei, que o inferno non distaría moito daquela situación. A banda que traia desta vez era nova excepto o batería que seguía sendo Jeremy Colson, no baixo estaba o xaponés Ryota e na segunda guitarra o tamén nipón Takayoshi Ohmura. E ca puntualidade na que se desenrolou todo o festival saleu Friedman a liala parda ante unha asistencia xa considerable. Non me tiraría moito da burra se afirmo que foi a actuación con mellor sonido de todo o festival, nin "motley crue", nin "slipknot" nin "tesla" nin centellas... o sonidazo que foi capaz de depurar Friedman foi alucinante, eu tan só lle pediría un pouco más de volumen á súa guitarra, pero por outro lado parece moi normal si un se para a pensar que foi un directo plenamente instrumental e gran parte da substancia do concerto estaba na calidade sonora.

Pola zona de detrais a xente descansaba tomando o sol, e os postos de venta de cervexa tiñan colas de máis de 10 minutos.

A banda arrancou con "Unreal Thing", e debo aclarar que non coñecía moitos dos títulos dos temas que que tocou, pero si que me sonaban de habelos escoitao, inda así tocou un par deles descoñecidos para min, pero foi de agradecer que puxese algunha sorpresa para deleite dos asistentes. Tocou "Stigmata addiction" "devil take tomorrow" e así varios temas de colleita propia e incluso facendo un solo de Megadeth como guiño ó que fora a súa banda durante 10 anos. Moita xente coñece a Marty por ser o guitarra solista de Megadeth, hoxe en día Friedman opina que non voltaría a facer nada dese estilo, e que esa música está "pasada de moda" a xente comenzou a berrar "megadeth" ó unisono, e a min, opinión moi persoal, paréceme que era moito guitarrista pa megadeth, e que non daba nin a metade do que podía dar nesa banda.

Interpretando "Dragon mistress", apoteósico, recordoume cando vira a Vai tocando "whispering prayer" na xira ultra world.


Logo de case unha hora de concerto presentíase o final e os acordes de "Dragon mistress" retumbaron no estadio a cañón, subeume un aquel de adrenalina polo corpo e todo o público parecía ter os pelos erizados...foi pura poesía saíndo dunha guitarra,a perfección coronada nas 6 cordas dunha Ibanez tipo Les Paul. A parte lenta do tema foi ampliada con duelos co outro guitarrista que recordaban, dito pola maioría do público, ós mellores días do dúo Friedman/becker en "cacophony". Tamén foi o momento de presentar a banda, donde cada un improvisou un anaco para dar paso a "thunder march" co que cerraron un concertazo do quince que tardarei moito en poder superar. Esperar tiven que esperar, é moi dificil que este home salga de Xapón, país donde reside e está nacionalizado, veu algunha vez a Paris, a Amsterdam, a Londres... pero sin moito barullo, polo cal sabía que esta vez era unha oportunidade seguramente única.


O feeling ó que nos ten acostumados Marty Friedman é algo que pertence ó seu estilo.

O mellor: Que levaba moitos anos querendo ver a Friedman en directo, e francamente non decepcionou a ninguén, incluso xente que estaba no festial para ver outros grupos quedouse pasmada ante a xenialidade do estadounidense-xaponés. O ambentazo que había no festival fixo que aquelo se convertise en algo inolvidable.
O peor: Que solo lle deixaron unha hora, e fíxose demasiado corto, si ben é certo que levaba todo moi ben cronometrado, para min faltou algún dos seus solos bohemios, deses que fai cando se pon melancólico... unha pena, pero todo non podía ser.

Sábado 27 de Xuño de 2009.