martes, 25 de noviembre de 2008

TAL DÍA COMA HOXE...
o 24 de Novembro de 1991 o mundo perdía uns dos meirandes referentes musicais de tódolos tempos, unha persoa irrepetible que xuntaba en si a un gran frontman, unha superdotada capacidade compositiva e unha voz que lle pon a un "a carne da alma de galiña.

FREDDIE MERCURY FOI A PERSONIFICACIÓN DO CARISMA.

5/IX/46 - 24/XI/91



D.E.P.

jueves, 20 de noviembre de 2008



John Mclaughlin & Chick Corea con Kenny Garrett ó saxofón, o contrabaixista Christian McBride e o batería Vinnie Colaiuta.


"A NIGHT AT THE OPERA"

Fermoso edificio que semella estar esculpido a partir dunha pedra.

Bueno, non era precisamente ópera senón Jazz, a pesar de celebrarse dito evento no chamado palácio da ópera de A Coruña. A cita estaba posta para ás 20.30 pero a esa hora apenas estabamos entrando na cidade herculina, sobre as menos cuarto puxémonos enfrente do palacio, e apenas sentado o cú na butaca empezou o concerto. Decir que na porta había moita xente con carteis pedindo 1 entrada, incluso cando chegamos moitos nos preguntaban se tiñamos algun ticket de sobra, e non era para menos! eu tiven a sorte de que miña cuñada estivo 3 horas o dias antes nunha cola papando frío por min, iso realmente non ten precio. Máis ainda cando sabes que outros tantos que os que a conseguiron se quedaron sin entrada.

Era como estar nos anos 50 nun clube das beiras do missisipi O feeling era case tanxible.


Sale John Mclaughlin e Chick Corea, enton doume conta de que eu ó lonxe tal cual vexo, arrepíntome de non haber traido uns pequenos prismáticos. Comezan a improvisar un tema na onda de "a ver que sale" moi en plan, "estamos quentando". Logo salen o resto dos compoñentes da five peace band e improvisan entre todos sin apenas ningún tipo de atadura. Debo decir que tiven unha extraña sensación cando estaban tocando e eu via a cara de algún espectador. Penso que o Jazz é coma unha sala de museo con cadros abstractos, hai que saber entendelo, porque pode haber no medio o típico cadro pintado por unha mona que todo o mundo alaba sin saber realmente quen o pintou nin que expresa. Humildemente debo admitir que apenas teño puta idea de jazz, quizáis porque nunca o escoito,a non ser cando vou no tren, e menos deste carácter conservador, eu estaba alí por John Mclaughlin, o cal si que escoitei, sobre todo os miticos discos do guitar trío con paco de lucía e Al Di Meola. Jhon Mclaughlin cambiou moito dende aqueles anos, iso é indiscutible, de feito maldigo a hora en que cambiou a guitarra acústica de jazz pola eléctrica, creo que guitarristas eléctricos hai moitos, e John era único, era un grande entre os grandes. Unha das atraccións da noite era o mítico Vinnie Colaiuta, que estivo dende que empezou ata que acabou o concerto lucindose con unha abraiante e sobrada capacidade. Para os que creamos música chámanos a atención o divertido que é tocar jazz, porque non hai apenas nada que te ate e cada noite é un mundo distinto, si ben é certo que para un servidor o máis importante da música é a melodía, para min esto é sagrado, e no concerto desta noite había de todo menos eso...vimos escalas, pasaxes 90% das veces improvisados, arpexios, etc. e como non, non puideron faltar os solos de cada un deles.


.
Cabe sinalar que o protagonismo era de igual medida para todolos integrantes da banda, foran máis ou menos coñecidos alí o máis tonto facía reloxos.

O certo é que non coñecía ningún tema desta formación, pero a Mclaughlin entendíaselle moi ben o inglés e presentou algúns temas do seu disco en solitario e do último de chick Corea. Gustóume moito un dos últimos chamado "doctor Jack" que según dixo John non era o Doutor Jekill e Mr.Hyde. Era un tema de corte jazz dos anos 50, que tiña certo sabor as bandas dixie da primeira metade do século pasado. Pasaron 2 horas de concerto e vimos que había xente que estaba marchando da sala, a verdade e que para os que traballabamos ó día seguinte eranos moita hora, encima eu que tiña 200Km de volta á casa, pero é moi probable que nunca na vida volte a ter ocasión de ver a estes monstruos reunidos nun escenario, pareceume algo así como si a xente se marchase do estadio na prórroga dun partido de fútbol. A miña pregunta foi ¿houbese sido igual si pagasen 40€ polas entradas? asi que os músicos despedíronse entre un gran aplauso e a xente empezou a desfilar pra fóra, entón pensei ¿nun concerto deste tipo non hai bises?" pois sí, a Five Peace Band voltou a sair de forma tímida e dubidosa ante unha sala máis valeira que outra cousa, asi que nos levantamos da butaca e fúmonos pra diante de todo, había xente de pé, xente sentada nas escaleiras, e comencei a sentirme máis agusto pensando que se acabara tanto estiramento, e que ahora polo menos podía soltar algún berro cando Mclauglin fixese unha escala a toda pastilla xDD, así foi, logo dun pequeno bis de apenas 10min, despedíronse definitivamente acercándose ó frente do escenario a firmar autógrafos e darnos a man ós que quedábamos. Eu non levei boli nin nada pra fimar porque non me esperaba tal, pásame por gilipollas.


Ó final os músicos achegáronse á beira a saudar ós que nos decidimos por quedar ata o final.

O mellor:Como xa dixen, non son ningún entendido en Jazz, pero houbo unha cousa que é innegable "GUSTOUME" e iso é, ó fin e ó cabo, o importante do concerto.
-A acústica da sala era moi boa, quizáis a batería estaba un pouco por encima ó principio.
O peor: Particularmente non me acabou de convencer Kenny Garrett, si, xa sei que é unha pasada de tío, unha lenda viva, e todo... pero eu non o souben entender, vinlle cousas moi guapas, pero penso que "toleou" demasiado por así decilo.
-A rara sensación de estar no medio dun público conservador e algo cheirón... a un concerto fáltalle algo cando non hai un "yiiiijáaaaa" de por medio xDDDDD.

viernes, 14 de noviembre de 2008

CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO.

Mike Stern, Randy Brecker e Dave Weckl: camareiro!unha de Jazz á romana,
por favor.

O casco antigo de Lugo é un lugar fermoso, sobre pola noite...

Apenas se sabia nada deste concerto orientado a minorías máis aló da muralla, pero un chivatazo o día antes do acontecemento púxome ás 9 da noite dun frío martes de novembro á cola das portas do auditorio de Lugo. Dita cola atravesaba a plaza de cabo a rabo, os nervios por quedarse fóra ante o límite de aforo eran patentes, por fin a escasos minutos pasados das 9 abrense as portas, accedemos ó recinto que se atopaba na 2º planta e vemos unha especie de antigo teatro abarrotado, todalas sillas ocupadas, asi que a xente comeza a buscar un sitio para ficar de pé, nós adiantámonos ata a 1º fila no lateral esquerdo, estamos moi cerca dun bafle, pero o suficientemente ó centro para ver todo, e de paso, oir ata o ruido dos dentes de Mike & company.
Antes de comezar o show, sae por megafonía un aviso de que gracias a "caixa galicia" foi posible traer a estes músicos de alto standing a Lugo, e que debemos estarlle moi agradecidos a caixa galicia porque son a repera...entón fíxome que hai varias pancartas de dita banca colgadas polo teatro e que o nome real da sala é "auditorio caixa galicia" e penso... bueno, agradécese que sexa gratis,dabondo gastamos en chofa, pero si van facer algo... eles a min poucas veces ou nunca me agradeceron ter o meu diñeiro alí, asi que supoño que serán eles os que me deben algo...si cando domiciliei a nómina non me deron nin unha cutre gameboy, nin un triste xogo de toallas... nada! penso que está ben acercar o jazz á xente, que se animen a ir a este tipo de concertos, pero por outro lado, que fose gratis, provocou que eso estivese plagado de xente que "pasaba por alí", curiosos, os que tiñan a tasca ainda cerrada, e que pouco máis facían que ocupar sitio e darlle á lengua ou bostezar....

os 4 músicos encaixaban á perfección... a banda parecía un reloxo suízo.

Todo está listo, son as 9.30 en punto, a hora citada para o comezo, a sala está abarrotada, todo petado ata a bandeira, xente sentada en todolos recunchos, xente de pé por todos lados, uns enriba dos outros... as calefaccións do recinto a toda brasa, o ambente empézase a cargar e aquelo parece un criadeiro de pitos... Sae a banda e abren cun tema improvisado, por momentos estaban tódolos músicos a improvisar á vez, a non ser Randy que tiña un escaso protagonismo. Mike viña promocionando o seu último disco, que data do 2006, chamado "Who Let The Cats Out?" o cal ofrece unha presentación dun gusto exquisito e unhas colaboracións de agárrate... Lógo tocou temas que servidor descoñecía, e que gustaron moito a xulgar polas ovacións. Pouco despois xa veu o solo de Dave weckl, todo un luxo para os alí presentes. Pouco a pouco Randy foi collendo ritmo, e comenzou a introducir efectos na trompeta, teño que dicir que o descoñecía, pero o seu sentido da melodía encandiloume, facía unhas vibracións cas sordinas fascinantes.

no escenario por momentos había un ambente único, moi máxico...

O concerto tivo intensidade, incluso cando Mike optou por tocar temas lentos e ata algún de corte experimental. Seguiron tocando durante hora e media, caeron temas do ultimo CD de Stern, algún clásico do jazz, ata toques hard-rockeiros con guíños a Jimmy Hendrix, e despedíronse baixo unha clamorosa ovación dun público que pedía outra ó unísono. Voltou a saír a banda pero cun extra que tocaba o saxofón, con moitísma destreza a verdade, pero si resulta que veu de xira dende USA para tocar os 2 últimos temas non lle compensaba moito a verdade... asi que despois de 2 temas e 2 horas xustas de recital, os músicos retiráronse con Mike Stern dicindo que firmaría discos no posto de merchandising, asi que alí nos fumos a que nos rubricara unha copia de ¿quen deixa os gatos fóra? e de paso inmortalizarnos ca cámara dun teléfono móvil xunto a Mike stern. Houbésemos querido facer o mesmo xunto a Dave Weckl, pero a saber porqué, imaxino que sería porque lle costaba moito, rehusou sacarse fotos con ninguén e apenas firmou de forma moi forzada un par de baquetas.

ó final, acabamos medio arrolados polo pasillo e a vista era un luxo como se pode apreciar na imaxe.

O mellor: Que se traian concertos así de interesantes a Lugo, que estén ó alcance de calquera, e que se poñan a unha hora prudente e con puntualidade. O sonido moi cuidado de Mike Stern. O baixista, un rapaz moi novo cun dominio espectacular do contrabaixo e o descubrimento de Randy Brecker. Voltar a un concerto cun vello compañeiro de batallas que levaba tempo "retirado" das citas musicais.
O peor: pois como xa dixen, o intrusismo de moita xente que de haber costado a entrada 3€ xa non estarían alí...e pouco máis que engadir, porque foi un luxo contar con un concerto desta categoría en Lugo, e ogallá houbese un tódalas semanas...eso sí, a ser posible que caia sábado . xD
3 púas cas que tocou este (e posiblemente algún outro) concerto. Nótase que está todas rilladas.




domingo, 2 de noviembre de 2008

CRÓNICA DE UN CONCERTO ANUNCIADO:

PAUL GILBERT: "HALLOWEEN" BY THE NAME...

Estamos sen cámara, asi que nos valemos dun teléfono para fotografiar (acéptanse donativos)

De novo nos desprazamos á sala A! para ver desta vez a un guitarrista que traia como aval unha das mellores carreiras do mundo como "guitar hero" en solitario. O comezo estaba marcado para as 22, peroi non foi ata as e media que empezaron a tocar os teloneiros (na entrada non poñia nada de teloneiros), un grupo de Vigo que facían un pop na onda de "muse" pero de forma facilona e bastante repetitiva, si ben non estaban ante o seu público, creo que non souberon conectar, aburriron un bo cacho e encima, o peor, extendéronse unha hora... Tocáballe o turno a Paul gilbert, todo estaba a punto, pero alí ninguén saía...pasou media hora e a xente empezouse a mosquear e os abucheos fixéronse notar na sala.Logo de 2 horas!! da hora marcada para o comezo, Ás 12 en punto da noite, como querendo facer unha aparición de ultratumba sale Pual e a todo o mundo se lle olvida a longa espera. "buenas noches vigo" solta nada máis chegar, e comeza a tocar, pero na metade do 1º tema deixa de sonar o baixo (vaia! pensei eu, non foi por non facer proba de sonido eh?) entón gilbert sácase os cascos e explica que o ampli de baixo cascou, e vendo que tiñan pra un cacho o maestro decide improvisar unhas clases aceleradas de guitarra, dese xeito danos a 1º lección chamada solo de rock e toca "eruption" de Van Halen, estiven a piques de levantar a man e preguntar "¿xa imos tocar así o 1º día de clase?" e continuou un cacho dando leccións que incluian técnicas diversas, como barridos, volumen-delay, tapping... e servidor babeando co dominio de un Paul Gilbert que está a un nivel impresionante, é un crack, e toca a Deus dar.


Paul Gilbert cunha guitarra tipo 335


O mellor: Paul Gilbert, foi o mellor, é un tío cun nivelazo aplastante, o sonido era bo, víase que era un concerto MOI traballado, e todo saleu perfecto (quitando o retraso e o rollo do ampli) e bueno, creo que foi a mellor noite de Halloween,perdón, de Samhain dende aquel 2002 en Bravos xDDD.
O peor: Pois tamén o teño moi claro, limitouse demasiado a tocar os temas do disco, houbese agradecido que fixera algún rollo ca guitarra doble mástil, ou que polo menos fixera algo co floyd rose coma en antaño, pero pasou moito de florituras.



Entrada do concerto.