martes, 1 de abril de 2008

"JEVI METÁL POWA!"



Magnetismo animal enorgullecese de presentar o espacio virtual da última sensación do heavy metal lucense, nada máis e nada menos ca INOPKA. Inopka iniciou as súas andadas en Outubro do 2006 baixo as rendas de Randy, baixista Lucense excompoñente de Latem, Bruno, batería mariñán que procedía de Blackout, e na guitarra o alambrista Viveirense administrador de magnetismo animal o cal coincidira con Bruno no grupo tributo a Scorpions "Blackout". Os pasos foron lentos a raíz do distanciamento xeográfico dos compoñentes, xa polo nadal úneselles Iván Ferro como Vocalista, o cal fundara anos antes Dogod co guitarrista de magnetismo animal e así comenzan a desenrolar ideas ata que por asuntos personales , Iván decide deixar o grupo ocupando a praza vacante Gonzalo, vocalista Lucense que coincidira con Randy en Latem. Pronto serán colgados un par de "demos" no myspace desta banda que esperemos que dé pronto os seus froitos que darán moito que falar...