O pasado mes de xullo quedou oficialmente inaugurada a nova sala de grabación do FGC estudio cun acto ó que asistiron diversas celebridades da zona acompañadas de heinnekens de bote e "cookies" do eroski. O recente estreno ven a dar resposta á necesidade dunha ubicación amplia para grabar as partes de batería e as grabacións simultáneas de varios intérpretes asi como dar servicio ás sesións de ensaio As instalacións contan, a falta dunha ampliación de medios, cunha mesa técnica equipada cun servidor "DELL", unha tarxeta de son externa "xtigi", cubase 3.1, cubase VST5, Batería yamaha, amplificador de guitarra Marshall, amplificador de baixo celestion e 3 monitores de "cuña" Laney cos seus respectivos micros de voz solista e coros. O novo local fica afastado de outras construccións e conta cunhas excelentes vistas ó mar, atópase ubicado a escasos metros dunha praia cuio nome, como é lóxico, non vou desvelar para evitar a aglomeración de fans na porta :P (no en serio, prefiero que non nos rouben polo menos ata que pase un ano...) e o unico malo, según as propias palabras do administrador de FGC estudio "atópase un pouco lonxe do estudio (10KM.) o cal vai dificultar un pouco o traballo, e bueno, a obriga de facer sessións de grabación perfectas porque despois, no estudio, non se poderán facer modificacións nin arranxos na base".
viernes, 5 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)