jueves, 27 de agosto de 2009

CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO:

AL DI MEOLA, E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS.

22 Xullo 2009. Al Di Meola, lexendario guitarrista.

Vaiseme facer moi raro escribir unha crónica sin poñer ningunha foto do acontecemento, asi que botarei man dalgún arquivo que atope na rede,porque había varios xornales, e que carallo...teñen mellor cámara eles ca min. A razón pola que non saquei ningunha foto foi 1º que apenas tiña pilas na cámara e 2º que dende o minuto 10 de concerto comenzou a diluviar intensamente e non parou en toda a noite, asi que apenas sacaba o fuciño do chuvasqueiro pra canto máis poñerme a facer fotos...pero imos empezar polo principio. Ás dez menos cuarto estaba en Xixón e aparcando xusto ó lado da praza de toreiros, a hora marcada era ás 10 en punto asi que apresureime a mercar en taquilla unha entrada e metinme a toda présa no recinto. Non chovía, é máis, facía certo calor, pero toda a xente estaba metida nas gradas como predecindo que se iba caer un chaparrón, e eu adianteime ata a 1º liña de sillas sin problema, estaban todas molladas, pero un folleto informativo dos programas de jazz para a semana negra de Xixón sirveume de limpiasillas. Al Di saleu apenas 5 minutos pasadas as 10 da noite, e despois de saudar e darnos a benvida presentou a banda, a cal estaba formada por un guitarrista acompañante, un contrabaixo electrico, un percusionista, un bateria (un rapaz moi novo, apenas teria 20 anos), e un acordeon que tivo moitísmo protagonismo facendo ademais algúnhas voces moi exóticas, que aprecía máis sonido de outro instrumento ca unha voz humana.

Sempre me gustou moito o acordeón, pero dende esta noite inda máis.

O concerto comenzou e a música iba moito polos camiños orientais, era moi exótico, encandilaba sin un darse conta, e nada mais acabar o primer tema empezou a chover, asi que me fun para a grada de abaixo, e xa que son algo corto de vista ó lonxe fun precavido e levai uns prismáticos de bolsillo, polo cal púxenme a Al Di diante dos ollos pra non perderme detalle. O curioso foi que dende as sillas da pista non se via nada do que tocaba porque tiña as partituras diante del, asi que dende a bancada podíase ver todo perfectamente xa que estaba situada nun nivel máis alto ca o escenario. Non quería deixar pasar esta ocasión sin maldecir un pouco algo, porque se me fai canso e aburrido que cada vez que hai un concerto existan 2 tipos de recintos a elexir neste país -polideportivo con eco e asfixia gratis ou praza de toureiros moi ben pensada acusticamente, mola que sexamos o peor pais europeo en canto a auditorios se refire, realmente é vergonzoso que se invirta diñeiro en espacios donde torturar animais publicamente e non se creen centros de cultura destinados a fins coma este. a primeira parte do directo estivo coa acústica, e logo na parte central tocou algunhas ca electrica, que PRS fíxolle unha signature moi bonita e colorida, pero vinlle de malo que tocou sempre sentado. Supoño que a filosofía do concerto era asi, pero non facía nada fóra do protocolo si se erguera 10 minutos.



Dende a pista as veces Al Di era tapado polas súas propias partituras.
Logo de ver a Al Di Meola, John Mclaughlin e a Paco de Lucía,os pertencentes a aquel "guitar trío" que percorrera USA no ano 80 marcando un antes e un despois no mundo da guitarra jazz, non puiden evitar facerme a pregunta do millón... ¿con cal dos tres me quedaría? Bueno, está claro que Al di foi o mas entretido, esa música oriental fascíname, e logo Paco de Lucía ten un arte que me emboba, é moi sentimental e ten unhas composicións que son de outro mundo, e non sabría con cal quedarme destes dous, supoño que dependendo do momento. A iso das 2 horas do comenzo dixo que se iba, e apareceron 2 mulleres cunha tarta e 55 velas, era o cumpreanos de AL Di Meola, e a xente rompeu nunha ovación ó unísono, Al Di todo emocionado soprou as velas e dixo que por haber sido tan bons con él nos iba regalar un último tema, asi que baixei a toda pastilla da grada e planteime diante da vaia do escenario, porque sabía que ese último regalo tiña que ser "mediterranean sundance". E así foi. Tocouna como sólo a sabe tocar él, sonaba a gloria, e alí baixo a intensa choiva brotou a maxia dun dos meirandes xenios da guitarra de tódolos tempos, foi un concertazo e non podía deixar escapar a ocasión, asi que pedinlle a púa dende apenas 2 metros de distancia da súa man, tirouma, pero un idiota co brazo mas longo ca min colleuma antes de que a dese atrapado no aire...mala centella o coma, asi lle atrape o demo a alma a él.

Coa a súa PRS signature.

O mellor: O estilo no que está sumerxido AL Di Meola, un jazz oriental con tintes peruanos e algo de folk xermánico, o protagonismo do acordeonista, que beleza! 24€ moi ben invertidos.

O peor: xa o deixei claro, que o concerto se celebre nunha merda de recinto que encima chovendo así era todo "areas movedizas". Eu si podo ir a este tipo de concertos a Portugal, paso moito de seguir pandando con estas cousas.