domingo, 6 de julio de 2008

CRÓNICA DE UN CONCERTO ANUNCIADO:
Yngwie Malmsteen: A cálida pesadilla dunha noite de verán...



O 3 de Xullo levareino moito tempo na memoria como un dos mellores días da miña vida cando fai anos presenciara o paso do G3 por España. O destino quixo que voltase a ser un 3 do 7 o día para ver a un guitarrista que precisamente ten pertencido a ese G3 e está no olimpo dos mellores "violeiros" do planeta.
Saín de Viveiro a iso das 5 da tarde, sobre as 8 xa estaba enfrente da sala A!, a xente comenzaba a aglutinarse na porta... nas entradas poñía o comenzo ás 21:30, nas portas da sala ás 22:00, mola que se poñan de acordo pra non marearlle a perdiz á xente... Non entendo a présa por entrar, a non ser que teñan moitas ansias de empezar a privar, porque a sala A! ten a caracterización de que o escenario está moi alto, tanto que si te acercas moito non ves nada,asi que o mellor é buscar o punto no que vés todo o escenario, pero non estás moi lonxe pra perderte os detalles (sobre todo os que non temos vista de águila). O de pechar a auga dos lavabos más que nada é unha porcallada porque sale un de mexar e non ten donde lavarse as mans.... bah! dicían os siniestro total "menos mal que nos queda portugal".
Ás 21.40 dá comezo o show, un Yngwie detráis duns bafles comeza a dar notas a mil por hora e abre con "rising force" moi espectacular. O concerto desenrolase intercalando temas de voz con instrumentais da talla de "trilogy suite" "far beyond the sun" ou "icarus dream" a medida que avanza o tempo vemos que Malmsteen se senta na plataforma da batería, nótaselle canso, pero sigue a dalo todo en cada tema...logo dun tempo comeza a quedarse más estático e é nisto que se baixa ó toque un botellín de auga fría mentres toca, case sen dar respiro métese outro botellin dos de 33cl ó toque... a xente aplaude.... o concerto leva sobre uns 40 min. O escenario consta de 2 partes, na metade esquerda vemos a todo o grupo, formado por un batera, teclado e baixo, así como a voz. Na metade dereita cun micro no centro do escenario todo o campo de Malmsteen,,,, unha muralla de cabezales e pantallas de amplificador "decoraban" o seu espacio, e digo decoraban porque solo tiña 2 encendidos, si, algo así como os grupos que levan na batería doble bombo e solo unha maza no pedal (pero esto xa é outra historia) o caso é que non sei en que momento o debeu mirar mal o batería porque Malmsteen acercóuselle facendolle señas como que lle ía cortar a cabeza...deus! acto seguido víase ós compoñentes do grupo tensos, o baixista non facía máis que mirar pra él... dalí a pouco acercouse ó micro e dixo "good evening!! " e marchou do escenario apartando ó baixista dun empurrón do seu camiño... que lamentable... e un que pensaba "pois si que se van alargar os bis, si apenas leva media hora..." Efectivamente, sale o batera e comeza a facer un solo, de seguido salen os compoñentes do grupo pero sin Malmsteen, comezan a improvisar algo, como querendo facer pasar o tempo,o teclado coma todo o concerto, apenas se escoita e o cantante parece máis un fan peloteiro de Yngwie que o vocalista da banda, e na miña opinión creo que tamén se lle escoitaba pouco, o concerto perde intensidade, ó rato sae o propio Yngwie , e cando leva 2 temas volta a acercarse ó micro e dice algo así como que se dá o piro, os integrantes da banda despídense e desaparece todo canto can e gato hai no escenario... pero as luces da sala non se encenden...e as do escenario siguen funcionando, e si apenas vai unha hora de concerto e nin tan sequera fixo nada ca guitarra acústica, todo fai presaxiar que a narices caerá outro bis... o tempo pasa, e cada vez resulta más improbable que volten a sair a escena, a xente comeza a enfadarse e berrar aquelo de "manos arriba, esto es un atraco" e demais parecidos....polo que sale un representante da sala e aclara "Yngwie se encuentra mal, le ha dado un bajon de tensión y no podrá seguir, de hecho tuvo que pedir unha ambulancia" , o publico monta en cólera... eu quedome preto do escenario por si botan todo embaixo a ver si me podo levar un cabezal ou calquer cousa de recordo xDD.
A xente empeza a desfilar pra fóra e cando dobro a esquina donde estaba aparcado o "coach bus" de Yngwie aparece unha unidade do 061 da que salen 2 enfermeiros que entran no bus atender ó guitarrista...a xente amontónase ó redor... e a tensión entre os seguratas e o publico faise notar...
Bueno, eu penso que un dia malo teno calquera... e a calquera lle pode ir mal, e non debemos tampouco ver cousas donde non as hai... porque encontra do que dixo moita xente a min non me parecía que o estivese finxindo porque non lle apetecía seguir tocando, home, non montas todo aquelo por ter o día vago .... pero si creo algunhas cousas que saquei en conclusión.
Non quero entrar no dilema do que puido ou non consumir antes de sair ó escenario... supoño que eso solo o saberá él... si se estimula ou non...alá él... pero o que si dou fé, é de que si servidor en camiseta de tiras, pantalón bañador e chanclas se está cocendo vivo alí abaixo (a sala debía estar a 100 grados alo menos :P ) e estaba nada máis que comendo pistachos... imaxínate aquel home, alí subido no medio de 40 focos dándolle brasa, sin parar de moverse, e ca súa indumentaria de concerto, PANTALÓN DE COIRO, BOTAS ALTAS E CHAQUETA DE COIRO!!!! e a verdade e que se vía que estaba sudando a mansalva...e debeuse pensar que estaba feito un touro que se baixou case seguidos 3 botellas de auga fría ó toque, que lle sentan ó corpo moi ben moi ben.....e entón dalle un baixón, e pensas.... "joer. desa maneira o raro sería que non lle dese unha embolia" e ahí é o que creo que peca de profesionalidade... prefiro verte en gallumbos tocando ben que non con abrigo de coiro en Xullo e que te me desplomes ó cuarto de hora... Malmsteen nunca foi santo da miña devoción...alá polo 2003 tiven unha época de escoitalo bastante, pero enseguida se me pasou, e pretendía ir ca mirada e o oído más obxetivo posíble...

O Mellor: o set list, diseñado pra ser moi intenso e entretido, as ganas de comerse o mundo que se lle vía Malmsteen.
O peor: Non sabría por donde empezar...creo que xa dixen dabondo, sabía que o día que o vise podía non convencerme moito, pero xamás pensei que ese día o iba ver saindo na ambulancia do 061... Necesito sacarme un mal sabor de boca, polo que agardo a outrubro para voltar á sala A! ver a Paul Gilbert, como dice a canción de Sabina "pa abreviar el cuento... que no disfruté! que no vuelvo más!"

Perdón pola calidade das imaxes, pero a falta de cámara, bon é un móvil...