martes, 6 de mayo de 2008

CRONICA DE UN CONCERTO ANUNCIADO:
Satriani: instinto de superación.




coincidindo ca festividade do 1 maio e case un ano despois do concerto de Dream Theater, voltei ó coliseo de O Porto ca expectativa de ver a prometedora posta en escea do "doutor satchafunkilus" Sobre as 10 da mañá cheguei ó lugar do acontecemento sin outro particular que a sensación de que alí non se iba a celebrar nada...tan só un cartel na porta que anunciaba o concerto desa mesma noite baixo o lema "portugal 2008". Logo de dar unha volta a pé polas ruas da cidade chegou o "coach bus" pola porta traseira do recinto ca tripulación a bordo, era sobre as 13.30 e apenas tardaron 20 minutos en pasar para dentro con bandexas de comida e botellas.





CURIOSA PINTADA NUNHA CÉNTRICA RUA DE O PORTO DE RECORDA QUE DENDE O RIO DOURO ATA VIVEIRO TODO É GALEGO

Funme ata o hostal alimentarme e dormir unha sesta, cando sobre as 4 da tarde comezou a escoitarse os compases de "cryin", seguido de "super colossal" e así unha morea de temas que durante más de 4 horas estiveron soando a modo de ensaio e proba de sonido para o grupo, a iso das 5 comenzaron a aparecer os primeiros asistentes a facer cola, eu habia deixado unha mochila na porta facendo garda por si acaso. Xa ás 8 e algo tocoulle a proba de son a Paulo Barros, un artista portugues encargado de abrir os shows de Lisboa e O Porto. Voltaron a pasar con bandexas de comida e pasteis pra dentro. Bueno, todo estaba apunto pra comenzar, eran as 9, o momento de cambiarlle o sitio á miña mochila que me estivera gardando o sitio, e as portas do coliseo abrironse...xa que entrei de 1º no recinto, puxenme no centro da valla que separaba o foso do escenario. O coliseo comezou a encherse ata acadar a grada inferior e a pista repleta de público. Saltou Paulo Barros a escena dicindo "agardo que se divirtan" e comezou a sua actuacion...que apenas se prolongou 20 minutos. Paulo ten un estilo bastante propio pese a que me recordou un pouco a Paul Gilbert, parecía estar tolo movendose polo escenario coma si estivese poseído... pero sin deixar de lado un sonido contundente fabricado unicamente por un baixista e un batería que conectaban entre si perfectamente. Barros despediuse dandonos 1000 veces as gracias pola asistencia, parecía un tipo moi humilde e moi tranquilo pese a estar no xuicio de todolos espectadores do coliseo. Desmontase o equiopo de Paulo Barros and company e abrese o telón que escondía o de Satriani e os seus secuaces, media hora apróximadamente probando a batería (¿que coño estiveron facendo de 4 a 8 da tarde entón?) e apagan as luces, sae a escena Jeff Campitelli e Stu Hamm baixo os coros de "i just wanna rock" e un satriani enfocado por unha luz verde, camiña lentamente dende un lateral ata o centro, acercase á beira do escenario e agachase sinalando ó publico pra que coreásemos "i just wanna rock" que aparecía nese intre na pantalla xigante que levaba de fondo de escenario....apoteósico!, un éxtasis! Pero non todo o monte é orégano e pronto comeza o inferno dun concerto hipersupermega mal ecualizado, o bombo da batería era mortal, cada golpe facia retemblar os pilares do coliseo, os nosos oídos estaban a piques de reventar, un auténtico inferno, aquelo era insufrible eu tapeime os oidos cas palmas das mans...¿e para isto tantas horas probando?? "sorte" que por mor do infernal volumen do bombo desprendeuse un cacho do yeso do teito do coliseo e caeu ó chan a escasos centímetros da cabeza de Galen Henson, este asustado parou de tocar no medio do tema e colleu a pedra de yeso mostrándoa a todo e publico... lamentable, pensar que ese incidente puido haber causado a suspension do concerto nada máis empezar era para tundar ó tecnico de sonido. Non sei si foi que o tecnico de son se enterou de que ese estruendo o causaba él ou eu me quedei sordo que a partir do 3º tema pareceu como si xa sonase algo mellor, alo menos desaparecera esa agonía nos oídos. Satriani foi misturando temas do seu último traballo como "overdriver", "musterion "con clásicos da talla de "satch booguie" ou "flying in a blue dream"... así ata que chegou o esperado solo de baixo... o de Stuart Hamm é para quitarse o sombreiro, o feeling e o gusto dese home é sobrenatural... comenzou o solo cunha versión instrumental de "going to california" dos zeppelin e de 2º parte o mesmo que no "live in s.francisco", e logo de un par de temas chega o final con "always with me". O coliseo era un clamor, e a banda saleu a facer un bis con "surfing with the alien" un tema improvisado e como colofón "summer song"
O mellor: -Ver un Satriani en plena forma, tocando como nunca, moi enérxico e moi "humano". _A posta en escea, o derroche de luces e a pantalla como fondo do escenario, algo nunca visto nun show dun guitarrista!. _o ambiente, xente civilizada, e bon rollo, nin empuxóns nin codazos... que alivio!
O peor: - sen dúbida, como xa dixen o sonido da batería (deus! que aberración!!!!) -o set list para o meu gusto contiña demasiados "hits" e deixouse no tinteiro temas do "super colossal", "strange beautiful" ou do "love in the space" que me gustaría voltar a escoitar.







Un trofeo: a Púa ca que satriani tocou o último Bis