domingo, 20 de septiembre de 2009

FGC ESTUDIO.

Fgc estudio. febreiro 2009.

A parte artística vai da man de Magnetismo Animal, que se encarga de buscar a inspiración e transformala en música a través do seu corpo, alma e instrumentos... ás veces un simple momento de calma é a mellor base dunha creación.
"Non sei si existe a inspiración, pero por si acaso, que me colla traballando"- Pablo Picasso

Nunca aprendín a tocar a batería, é unha asignatura que teño pendente sen dúbida, pero por fortuna teño a colaboración dun gran percusionista que inda encima, é dende toda a vida, un dos meus mellores amigos.
http://brunomiguez.blogspot.com/
O FGC Estudio incorporou ás súas filas unha Roland TD6 por cortesía de B.M.
Antes grabábamos cunha batería acústica pero era moi dificil obter uns resultados aceptables debido ós escasos recursos para microfonear a batería e a acústica do propio estudio.

A Roland TD6 é unha forma boa, bonita e "barata" de grabar "artesanalmente" e fuxir das bases precociñadas e demais frialdades feitas dende secuenciadores.

Aquí ou curramos todos ou tiramos o estudio polo WC.

Creo que nunca se falou do equipo de "persoas" que forma o FGC Estudio, e a verdade e que os recursos humanos son o máis importante deste proxecto, porque de aqui salen tódolos quebradeiros de cabeza posibles, tódalas frustracións, toda a desesperación, as alegrías, as satisfaccións, as dores de cabeza, o cansancio, a cabezonería, as blasfemias contra o mundo do software, a horas sin dormir...pero sobre todo, a búsqueda da inspiración.

En Grabación e edición temos a pinta e a valdemora, e dicen por ahí que se parecen moito a unhas primas súas que salen a veces en televisión, bueno, o de traballar no audiovisual está claro que lles ven de familia.


O encargado da parte de Mezcla é Teddy, pero aquí todo o mundo o coñece como Pimpín. Avalado por anos de experiencia e un oído audaz e cristalino.

Na masterización está "Toupizo", que se decideu dedicar a esto da música despois de estar 4 ou 5 anos de viaxe dun lado pra outro no espello retrovisor de meu coche.


PD: "non hai nada más deprimente que ver á xente saindo do cine un domingo pola tarde de choiva" -Joaquín Sabina.

PD: Maldita depresión post fin de semana... que me fai facer o aburrimento en forma de blog.-Magnetismo Animal.

Ahora (dende xa hai máis dun ano :S ) ademais da pedalera analóxiga e a korg dixital (que non sale nestas fotos pq a teño prestada) pois fíxenme cunha controladora Line6... sempre a poño baixo o micro de coros, e entre tanto pedal e switch, non dou feito pra pisar todo, parece que estou bailando un zapateao...

Non me cabe na táboa dos pedales analóxicos, asi que a poño á dereita destes...evidentemente si a levo, os pedales Wah e de volumen analóxicos quedan na casa.
a veces ó pisar o whammy parece que tes baixo control o acelerador dun "black bird", transpórate a gran velocidade a unha dimensión psicolóxica nunca antes explorada...

K-melia.

K-melia entrou a formar parte do FGC Estudio este verán, cando chegou tiña problemas de adaptación e sacaba moi malas notas, seguro que ocultaba un trauma por estar inmersa en ambientes conflictivos...

Nada máis chegar acolleuse a un plan de rehabilitación psicolóxico e déuselle un cargo de responsabilidade pasando a ser a guitarra oficial dos botellóns. Tivo unha acollida impresionante e todos os que a presencian queren plasmar a súa rública ó longo das curvas de K-melia.

Si k-melia se fuera con otro, la seguría por tierra y por mar...

lunes, 7 de septiembre de 2009

vistos e por ver.

Xa hai moito camiño achaiado na miña procura de ver os meirandes guitar heroes do mundo.

-Brian May.
-Marty Friedman.
-Andy Timmons.
-Paul Gilbert.
-Joe Satriani.
-Al Di Meola.
-Yngwie Malmsteen.
-Paco de Lucia.
-Steve Vai.
-John Mclaughlin.
-Tony Mcalpine.
- Johhny winter.
-John Petrucci.
-Mike stern.

Tamén algúns outros que si ben non son considerados "guitar heroes" teñen un recoñecemento considerable no mundo das 6 cordas como pode ser o caso de Mark Knopfler, Freak Kitchen, Dave Weiner, Howie Simons, Eric Sardinas, Scott McKeon, Jorge Salán, Mathias Jabs...

Os que me faltan.

- Michael lee Firkins.
-Eric Johnson.
-Ry Cooder.

-Slash.